Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

(noticias 4.12.2020) O Concello de Mos aproba os orzamentos para 2021 co rexeitamento e importantes críticas da oposición

  A partida orzamentaria adicada á amortización de débeda pública ascende a máis de 1.300.000 euros. A oposición concorda en criticar a falta de realismo na composición das contas e a continuidade dunha xestión irresponsábel.    O Pleno do Concello de Mos aprobou onte, co único apoio do PP, o orzamento para 2021. BNG, PSdeG e GañaMos opuxéronse, mentres que a concelleria non adscrita, anterioremente no grupo socialista, abstívose na votación. O debate decorreu con certa tensión por mor do control estrito nos tempos de intervención dos grupos da oposición, para o cal se dispuxo por primeira vez dun contador, se ben a alcaldesa fixo uso da palabra por tempo ilimitado. As contas da administración mosense para 2021 están marcadas polo importante esforzo que, unha vez máis, terá que ser realizado para facer fronte ás débedas bancarias contraídas nos anos anteriores. Neste sentido, o Concello asegura que a “débeda cero” será unha realidade paro o ano 2023, á vez que reitera o seu orgullo por

Entradas más recientes

(noticias 19.22.2020) A alcaldesa de Mos volverá insistir nas acusacións xudiciais contra os veciños de Tameiga mobilizados en oposición ao macroproxecto do Celta

(noticias 16.12.2020) Nova querela contra a xestión urbanística de Nidia Arévalo e o proxecto do Celta en Mos

(noticias 22.12.2020) Máis de 1.200 persoas asinaron as alegacións contra a modificación do plan urbanístico que pretende dar cabemento legal ao proxecto do Celta en Mos

(noticias 22.12.2020) A AN absolve aos 12 militantes independentistas galegos dos cargos de enaltecimento do terrorismo

(Noticias 18.10.2020) Centos de persoas manifestanse en Vigo e Compostela en solidariedade cos militantes independentistas encausados no marco da Operación Jaro

(Noticias 27.10.2020) O Pleno de Mos celébrase nun ambiente bronco se ben aproba unánimente a maioría das mocións presentadas

(Noticias 14.7.2020) O PP gaña con menos apoios en Pontevedra e a esquerda reconfigúrase co BNG no liderado da oposición

(noticias 17.5.20) “Subornan os encargados do AVE con agasallos e cocaína para poder traballar”

(noticias 25.5.20) Ecoloxistas en Acción denuncia os métodos de limpeza das praias de Vigo por seren daninos para o ecosistema

(noticias 10.6.20) O estado de alarma dá a milleiros de afectados unha derradeira oportunidade de recuperar o diñeiro investido en vivendas non entregadas